Login to your Account

Do not have an account yet? Create one

I lost my password. Please email it to me

Looking for something specific?

Aviso legal

O uso do portal http://www.landra.es suxeitarase ó seguinte Aviso Legal, o cal poderá ser actualizado periodicamente e sen previo aviso. Se o usuario decide non aceptar o presente aviso deberá absterse de acceder e/ou empregar os contidos e/ou servizos ofrecidos por esta páxina web.

Así mesmo, o responsable da páxina www.landra.es resérvase o dereito de mellorar, modificar ou suprimir, unilateralmente e sen previo aviso, o servizo e/ou contidos de dito portal atendendo ós máis diversos criterios.

Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos da presente páxina web incluíndo, sen carácter limitativo, textos, gráficos, imaxes, fotografías, o seu deseño e os dereitos de propiedade intelectual que puideran corresponder a ditos contidos, así como todas as marcas, logotipos, nomes comerciais ou calquera outro signo distintivo son propiedade de Rubén Martínez Alonso e de Elena Montero Míguez, veciños de Santiago de Compostela, ou dos seus lexítimos propietarios, quedando reservados todos os dereitos sobre os mesmos. O usuario desta páxina web, non poderá empregar ningún dos seus contidos para fins comerciais, nin ningún outro, sen o consentimento por escrito por parte dos seus lexítimos propietarios.

Se ten algunha dúbida sobre como empregar o material incluído nesta páxina web, pode poñerse en contacto con nós, a través da sección “contactar”.

Acceso de menores de idade

Os responsables de www.landra.es estamos comprometidos cos dereitos dos nenos e a protección á infancia. Por este motivo, esforzámonos para que a nosa páxina web estea libre de contidos e enlaces inadecuados para menores de idade. Non obstante, ó tratarse dunha páxina web que contén obra gráfica e fotográfica, pode darse o caso de que algunha das imaxes conteña representacións que no sexan adecuadas para menores de idade.

Se cre que algún dos nosos links enlaza con contidos de terceiros que puideran resultar lesivos contra os dereitos dos menores, agradeceríamoslle que nos mandase un email, a través da nosa sección de contacto, co fin de retirar dito enlace da nosa páxina web.

Neste punto cremos interesante informarlle de que existen mecanismos, en particular programas informáticos de filtro e bloqueo, que permiten limitar os contidos dispoñibles e, aínda que non resultan infalibles, son de especial utilidade para controlar e restrinxir os materiais ós que poden acceder os menores de idade.

Enlaces

Os responsables de www.landra.es non asumen ningunha responsabilidade sobre os enlaces externos que, no seu caso, puideran incluírse nesta páxina web, xa que non ten ningún tipo de control sobre os mesmos, polo que o usuario accede baixo a súa exclusiva responsabilidade ó contido e nas condicións de uso que rexan nos mesmos.

Política de privacidade

En cumplimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os datos persoais que nos subministre a través desta páxina web serán tratados de forma confidencial e pasarán a formar parte dun ficheiro titularidade dos seus lexítimos propietarios. Os seus datos persoais serán empregados unicamente para a prestación do servizo ofrecido, así como para o envío de información que o usuario puidese solicitar.

Así mesmo, informámoslle que pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición con arranxo ó previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, enviando unha carta, acompañada de fotocopia do DNI ou pasaporte, ó enderezo postal: Rúa Entrepexigos nº 1, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

O responsable do portal adoptou as medidas necesarias para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado dos datos persoais, habida conta en todo momento do estado da tecnoloxía, non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.

Lexislación aplicable

O presente Aviso Legal réxese en todos e cada un dos seus extremos pola lei española.