Login to your Account

Do not have an account yet? Create one

I lost my password. Please email it to me

Looking for something specific?

Enrique Mayer Castro. Portada de Praterías (1889)

mayer_xilografia_12_2 mayer_xilografia_12_1 mayer_xilografia_12_3 mayer_xilografia_12_4 mayer_xilografia_12_5 mayer_xilografia_12_6 mayer_xilografia_12_7 mayer_xilografia_12_8 mayer_xilografia_12_9
  • mayer_xilografia_12_2
  • mayer_xilografia_12_1
  • mayer_xilografia_12_3
  • mayer_xilografia_12_4
  • mayer_xilografia_12_5
  • mayer_xilografia_12_6
  • mayer_xilografia_12_7
  • mayer_xilografia_12_8
  • mayer_xilografia_12_9

Xilografía orixinal asinada en prancha («Mayer») e numerada a lapis (93/1000) pertencente á carpeta «Grabados compostelanos», editada en 1999 con motivo do Ano Santo Compostelán.

O gravado, que representa a emblemática Portada de Praterías da Catedral de Santiago de Compostela, foi realizado sobre papel cuñado con selo seco do Xacobeo de 25 x 17,5 cm.

A obra entrégase cunha copia da xustificación da tiraxe, na que figura a numeración da carpeta á que corresponde o gravado. O seu estado xeral é moi bo.

Con motivo do Ano Santo Compostelán de 1999, entre as obras acometidas no Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago, recuperáronse e catalogáronse as pranchas xilográficas da antiga imprenta do Seminario Central (1875-1990), herdeira doutras máis antigas da cidade.

Dese traballo resultou a carpeta «Grabados Compostelanos», deseñada polo artista Alfonso Costa e composta por 24 gravados, que constitúen unha parte significativa de toda aquela obra gráfica.

Os gravados foron estampados coas pranchas orixinais hoxe expostas no Museo de San Martiño Pinario. A tiraxe estivo limitada a 1000 exemplares, numerándose todas e cada unha das carpetas. O estado de deterioración dalgunha destas históricas pranchas fixo desta serie unha edición única e irrepetible.

Envío dende: España (A Coruña)

Gastos de envío: Gratuítos para España (Península, Baleares e Canarias). Resto de destinos, por conta do comprador

Características do envío: Correo certificado ou axencia de mensaxería

Tempo estimado para a recepción: De 4 a 7 días laborables en envíos a España. Para o resto do mundo, segundo destino

Forma de pagamento: Por transferencia bancaria

Email a Friend About this Item

Stay Informed

Login to Write a Review

Please sign in to your account using the form below.

Do not have an account yet? Create one

I lost my password. Please email it to me

Keep track of your favorite items to buy later.

To use this convenient feature, sign in to your account using the form below.

Do not have an account yet? Create one

I lost my password. Please email it to me