Login to your Account

Do not have an account yet? Create one

I lost my password. Please email it to me

Looking for something specific?

Quintana Martelo. BEDFORD ST 629

quintana_litografia_1_2 quintana_litografia_1_1 quintana_litografia_1_3 quintana_litografia_1_4
  • quintana_litografia_1_2
  • quintana_litografia_1_1
  • quintana_litografia_1_3
  • quintana_litografia_1_4

Litografía mecánica (reprodución reprográfica) orixinal asinada e numerada, realizada sobre papel de 70 x 62 cm. e cunha mancha de 60 x 49 cm.

A obra, que reproduce un óleo sobre tea (QM 2007), está asinada a man (QM), numerando (87/200) e asinando a lapis, polo tanto, o artista, a súa obra gráfica.

Trátase dunha litografía na que recoñecemos axiña un dos repertorios iconográficos máis emblemáticos do autor, coas súas características brochas e pratos de mesturas pictóricas, xogando, unha vez máis, coa dualidade e o contraste a través do bicromatismo, superpoñendo o hiperrealismo, na captación de parellas de obxectos que semellan suspendidos, á abstracción duns fondos de gran riqueza pictórica, e onde tamén atopamos as enigmáticas referencias numéricas e tipográficas, máis propias do esbozo, se cadra, que da obra de arte.

O seu estado xeral é moi bo.

Envío dende: España (A Coruña)

Gastos de envío: Gratuítos para España (Península, Baleares e Canarias). Resto de destinos, por conta do comprador

Características do envío: Correo certificado ou axencia de mensaxería

Tempo estimado para a recepción: De 4 a 7 días laborables en envíos a España. Para o resto do mundo, segundo destino

Forma de pagamento: Por transferencia bancaria

Email a Friend About this Item

Stay Informed

Login to Write a Review

Please sign in to your account using the form below.

Do not have an account yet? Create one

I lost my password. Please email it to me

Keep track of your favorite items to buy later.

To use this convenient feature, sign in to your account using the form below.

Do not have an account yet? Create one

I lost my password. Please email it to me