Login to your Account

Do not have an account yet? Create one

I lost my password. Please email it to me

Looking for something specific?

Quen somos

O equipo humano que integra a galería virtual de arte galega LANDRA está composto por persoas licenciadas en Historia da Arte e especialistas en arte contemporánea.

Isto permítelle ós nosos clientes contar cun asesoramento profesional e experto, ofrecendo sempre unhas obras de arte de primeiro nivel e coa máxima calidade ó mellor prezo.

Pero a galería virtual de arte galega LANDRA é o resultado dun proxecto máis ambicioso, no que se combinan a vocación comercial coa cultural e artística.

Así, entre os nosos obxectivos fundamentais atópase o desexo de dar a coñecer a obra gráfica e fotográfica dos grandes artistas galegos, poñendo en valor unha producción artística nunca o suficientemente valorada.

E para iso, resulta imprescindible achegar, ben a través dun glosario de termos relativos a estas disciplinas, ben mediante a explicación e análise do proceso artístico en cuestión, este universo a todos os amantes da arte.

Será entón, unha vez descubran a verdadeira dimensión e categoría artística das obras que forman parte da nosa galería, cando os convidemos a facerse, pouco a pouco, cunha selecta colección de arte dos máis prestixiosos artistas galegos.

Todo iso, coa vantaxe que supón, por suposto, e neste caso concreto, o seu módico prezo, ó alcance de calquera peto, anque, iso si, coa revalorización propia de toda obra de arte.

Ademais, tentaremos sempre dar conta das últimas e máis relevantes novas artísticas, en canto a exposicións, premios, certames, conferencias e demais acontecementos de índole similar se refiran.

Porque, en definitiva, en LANDRA somos especialistas en obra gráfica e fotográfica de artistas galegos.